
No, gracias
Identifica ou bloquea no teu iPhone as chamadas comerciais co prefixo 400.
Para iPhone. Gratis, sen anuncios, sen contas e sen recoller datos.



Identificar
A chamada soa, pero verás «Comercial (400)» na pantalla e decides se contestas.
Bloquear
As chamadas 400 non soan nin aparecen. Quen chama non se decata.
Coa túa concentración
Bloquea mentres dormes ou traballas e volve identificar o resto do día, soa.
Privada de verdade
Todo ocorre no teu iPhone. Non ve as túas chamadas, os teus contactos nin o teu historial.
Por que o 400?
Desde o 17 de outubro de 2026, as chamadas comerciais en España deben facerse desde números que empezan por 400. Así pódense recoñecer dunha ollada, e «No, gracias» recoñéceas por ti. Que di a norma · Como bloquear o 400 no iPhone.
Como funciona
- Instala a app e ábrea.
- Actívaa en Ajustes › Apps › Teléfono › Bloqueo e identificación de llamadas.
- Escolle identificar ou bloquear. Podes cambialo cando queiras desde a app, o Centro de Control, Siri ou Atajos.
Gratis, e así seguirá
Non ten anuncios, nin versión de pago, nin subscrición. Se che resulta útil, desde a app podes convidar a un café ao desenvolvedor. Non desbloquea nada: é só unha forma de dar as grazas.
iOS non ten interface en galego; por iso, os camiños de Ajustes aparecen en castelán, tal como os verás no iPhone.